Archive for the ‘Na aula’ Category

postheadericon “Vilascorda”

Que as nenas e nenos de catro anos son moi creativos non é ningún segredo… inventaron e deseñaron un instrumento de corda co que acompañaron as súas propias composicións musicais. Decidiron chamalo “Vilascordas”. Son uns artitas.

postheadericon Calendario de advento

As nenas e nenos das clases de Relixión de Primeiro e Segundo divertíronse elaborando este calendario de advento.

postheadericon Obradoiro de cociña

Os máis pequenos da escola animáronse a compartir unha experiencia gastronómica de Nadal co alumnado de 4º.

postheadericon ReciclArte!!!

Aquí tendes alguna mostra de arte con material de refugallo do alumnado de 6º.

postheadericon Un anaco de historia

Que mellor maneira que adentrarse na historia, neste caso artística, que recrear un coñecido cadro. Os/as nen@s de 6º así o fixeron co cadro das Meninas.

 

postheadericon Sabes cánto azucre tomas?

En primeiro estiveron indagando sobre as bebidas que tiñan máis azucre e quedaron abraiados. Aproveitamos para facer unha gráfica para que todos poidan informarse e visitounos Claudia, para explicarnos que é a dibetes.

postheadericon Coidamos o planeta

As nenas e os nenos de primeiro realizaron varios mapas mentais coas ideas clave sobre o sistema solar e de como coidar o planeta. Fixeron diversas botellas de cores, para representar os distintos colectores de reciclaxe que podemos atopar e 9 pasos para cambiar o mundo. Todo queda das nosas mans.

postheadericon Dándolle ao coco

Tócanos crear corpos xeométricos con palillos e plastilina, o difícil e crear o 3D, pero pensando… Todo sae. Aproveitando un descansiño, déronlle ao coco para intentar resolver o enigma de separar duas pezas. Máis vale maña que forza.

postheadericon Popurrí musical en Primaria

En Primaria descubrimos moitos segredos da música. Traballamos ritmos cun bingo musical, aprendemos  curiosidades da grandes compositores da música, e descubrimosestilos musicais con moito ritmo, ata nos convertemos en pelotas de pin pon e creamos un rap da alimentación.

postheadericon Viaxe espacial

En primeiro estiveron experimentando como ver a Lúa, recreando unha caixa lunar moi bonita, aprendendo cousas da Terra e dos planetas. Toda unha viaxe espacial!!!

Categorías

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies