Archive for Novembro, 2013

postheadericon De magosto todo o cole!

Este ano tivemos a sorte de poder celebrar o Magosto na Granxa do Xesto posto que o tempo axudou. Así, investigamos polo contorno, buscamos ras, xogamos coas follas, cos ourizos, comemos castañas, aprendemos novos xogos populares… Queres velo? Pois preme na galería.

postheadericon A la rica palomita de maiz!!!!!

No taller de cociña de 4 anos esta vez fixeron uns flocos de millo cun aparello de cociña do máis práctico. Xa temos para ver unha pelicula! SSSHHHHHH!!!!!!

postheadericon Maquetas de células.

Que as ciencias poden ser moi divertidas e creativas é algo que vemos reflexado nestas maquetas. Así de orgullosos e sorrintes posaron os/as nenos/as coas suas creacións.

postheadericon Uns collages preciosos de outono

Na aula de 4º idearon estos marabillosos collage feitos a partires de elementos do outono. Así desbordaron imaxinación para facer pavos reais, peixes, persoaxes variopintos… con follas de diferentes tamaños

postheadericon Samaín 2013-14

Como cada ano, a festa do Samaín foi celebrada no centro con varias actividades. A biblioteca do centro foi decorada tenebrosamente, para, por grupos, ir escoitar uns contos de medo que nos encantaron. Ademais, nas aulas fixemos uns obradoiros de cociña e de decoración. Aquí tes a galería, se te atreves a vela!!!!!!!!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies