Archive for Setembro, 2014

postheadericon Arrancamos coa vendima

Os/as cativos/as de 1º estiveron traballando a vendima estos días de comezo do outono. Aprenderon sobre a procedencia e o proceso de elaboración do viño, xogaron con distintos tipos de uvas e ata elaboraron o seu propio mostiño que lles saeu riquísimo.

20140923_101149 20140923_103734 20140923_105825 20140923_111253

postheadericon Saúdo de principio de curso

 

10 de setembro de 2014

 

 AOS PAIS E NAIS DOS NOSOS ALUMNOS/AS

 

Quero, no meu nome e no do profesorado, saudarlles neste comezo do curso 2014-15, ao mesmo tempo que aproveito a oportunidade para puntualizar algúns temas que considero de interese.

Neste mes de setembro as clases desenvolveranse en sesión de mañá atendendo ao seguinte horario:

 

Educación Infantil e E. Primaria: 9 – 14 hs.

O vindeiro 1 de outubro, mércores, porase en marcha o horario que rexerá ata xuño e que é o que segue:

 

 Educación Infantil e E. Primaria:

 

 De 10 – 13:30 hs e de 15:30 a 17:30 hs.

 

 No día de hoxe comezou a funcionar o servizo de comedor. Todos/as os/as interesados/as en utilizar dito servizo neste mes, deben comunicalo nas oficinas do Centro na maior brevidade posible e sabendo que a hora límite de recollida destes alumnos/as será ás 15:30. Os/as que empecen a comer en outubro deberán avisar antes do día 26 de setembro.

 

 Así mesmo ponse en marcha o servizo de gardería de 8 á 9 hs. no presente mes e de 8 á 10 dende outubro ata xuño, así como os venres en horario de 17,30 á 19,30 hs. Os/as interesados/as deben comunicalo nas oficinas do centro ao longo do mes de setembro.

 

 Aproveitamos a ocasión para achegarlles o impreso de actualización de datos así como a autorización de difusión de imaxes pregándolles que, unha vez cumprimentados, os entreguen aos titores/as respectivos/as.

 

 Así mesmo ao alumnado de 1º, 3º e 5º de E. Primaria que  non asistan a clase de Relixión enviámoslles unha autorización para que poidan asistir a clase de Valores Sociais e Cívicos. O alumnado de 2º, 4º e 6º deberá traer asinada a autorización que lle permite asistir a Actividades Educativas. Deben entregarse aos titores/as respectivos/as á  maior brevidade.

 

 Queremos, como remate, ofrecerlles a nosa dispoñibilidade ás iniciativas que redunden nun beneficio e mellora da tarefa educativa, solicitarlles colaboración e apoio e reiterarlles o noso saúdo.

 

  O Director

 

 Asdo. Javier A. Vilas López

postheadericon Recordatorio ao novo alumnado de Infantil

Queremos recordar ao alumnado que por primeira vez comeza a sua andadura nas aulas de infantil (3, 4, ou 5 anos)  que o vindeiro luns 8 às 4 da tarde realizarase a reuniòn de comezo de curso. Esperámosvos!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies