Actuacións

Xa queda pouco para rematar este curso, e como cada ano, os rapaces e rapazas das extraescolares de Teatro, Francés e Inglés actuaron para familias, mestres e compañeiros do colexio. Ademais, tres alumn@s de 6º prepararon un baile que nos […]

Read more →

Informativo Vilas Alborada

O alumnado de 5º e 6º elaborou un informativo-magazine realizado íntegramente por eles mesmos (crearon os guións, as noticias, escolleron os contidos, os escenarios…) e o resultado sérvenos para dar peche ás actividades da XXX Semana Cultural sobre os medios […]

Read more →

Iudokas de infantil

Do memso xeito que estiveron coñecendo este deporte o alumnado de Primaria, os cativos e cativas de infantil non ían ser menos. Máis de un xa está pensando en apuntarse para o ano que vén a esta actividade extraescolar.

Read more →

Visita de Teresa Moure

Tivemos o privilexio de contar coa visita de Teresa Moure, escritora galega, que nos falou, entre outras cousas, das linguas como transmisoras de pensamentos, ideas, sentimentos…

Read more →

A fondo: eleccións en 6º

Durante os días pre e post electorais o alumnado de 6º estivo facendo unha analise intensiva sobre os programas, noticias e funcionamento en xeral dos partidos políticos e da xornada de votacións.

Read more →

Poesía gañadora

Como xa vos informábamos nunha entrada anterior, con motivo do certame de poesía no que participaron varias clases do centro, resultou gañadora Sara Porto, de 6º, cunha poesía que non ten nada que envexar á de calquera literato. PARABÉNS SARA! […]

Read more →

O Castelo de Rocha Forte

Os alumnos de 5° e 6° visitaron o Castelo de Rocha Forte, aprenderon moitas cousas interesantes e ademáis tiveron a sorte de compartir espazo cuns cabalos, que se deixaron acariñar sen problema.

Read more →

Unha clase deliciosa

Na clase de Lingua Castelá en 5° tivemos unha clase deliciosa: fixemos platos de comida seguindo unhas receitas que resultaron ser estupendas. Houbo tamén a sección sen gluten, apta para celíacos. Invitamos aos de 6° para que desfrutaran da gastronomía […]

Read more →

Clases de iudo

A semana pasada nas clases de Educación Física estivo con nós o profe de iudo ensinándonos o atractivo que é este deporte. Pasámolo xenial e aprendemos moitas técnicas interesantes. Grazas Muiños!

Read more →