Vidas para motivar

O luns 10 tivemos a sorte e o privilexio de poder coñecer e falar con dous dos mellores deportistas paralímpicos españois na actualidade: Marta Arce (iudoca) e Alberto Suárez Laso (maratoniano). Acumulan 5 medallas nos xogos paralímpicos (dúas de prata e unha de bronce Marta, unha de ouro e outra de prata Adrián), así como títulos de campións mundiais, europeos e nacionais.
Ensináronnos como superar os problemas que podemos atoparnos na vida, sempre cunha actitude positiva.
Ademais de ser uns grandes deportistas demostraron ser unhas excelentes persoas. Grazas por compartir con nós as vosas experiencias!
Moita sorte nos xogos paralímpicos de Tokio!
Estaremos apoiándovos!