Saúdo de principio de curso

 

10 de setembro de 2014

 

 AOS PAIS E NAIS DOS NOSOS ALUMNOS/AS

 

Quero, no meu nome e no do profesorado, saudarlles neste comezo do curso 2014-15, ao mesmo tempo que aproveito a oportunidade para puntualizar algúns temas que considero de interese.

Neste mes de setembro as clases desenvolveranse en sesión de mañá atendendo ao seguinte horario:

 

Educación Infantil e E. Primaria: 9 – 14 hs.

O vindeiro 1 de outubro, mércores, porase en marcha o horario que rexerá ata xuño e que é o que segue:

 

 Educación Infantil e E. Primaria:

 

 De 10 – 13:30 hs e de 15:30 a 17:30 hs.

 

 No día de hoxe comezou a funcionar o servizo de comedor. Todos/as os/as interesados/as en utilizar dito servizo neste mes, deben comunicalo nas oficinas do Centro na maior brevidade posible e sabendo que a hora límite de recollida destes alumnos/as será ás 15:30. Os/as que empecen a comer en outubro deberán avisar antes do día 26 de setembro.

 

 Así mesmo ponse en marcha o servizo de gardería de 8 á 9 hs. no presente mes e de 8 á 10 dende outubro ata xuño, así como os venres en horario de 17,30 á 19,30 hs. Os/as interesados/as deben comunicalo nas oficinas do centro ao longo do mes de setembro.

 

 Aproveitamos a ocasión para achegarlles o impreso de actualización de datos así como a autorización de difusión de imaxes pregándolles que, unha vez cumprimentados, os entreguen aos titores/as respectivos/as.

 

 Así mesmo ao alumnado de 1º, 3º e 5º de E. Primaria que  non asistan a clase de Relixión enviámoslles unha autorización para que poidan asistir a clase de Valores Sociais e Cívicos. O alumnado de 2º, 4º e 6º deberá traer asinada a autorización que lle permite asistir a Actividades Educativas. Deben entregarse aos titores/as respectivos/as á  maior brevidade.

 

 Queremos, como remate, ofrecerlles a nosa dispoñibilidade ás iniciativas que redunden nun beneficio e mellora da tarefa educativa, solicitarlles colaboración e apoio e reiterarlles o noso saúdo.

 

  O Director

 

 Asdo. Javier A. Vilas López