Os nosos dereitos

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

(Texto elaborado polos propios alumn@s)

“UNHA PEZA VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS”

 

Para conmemorar esta data tan importante o alumnado de 5º realizou un proxecto que consistiu nun quebracabezas xigante formado por 10 pezas , cada unha delas mostra con debuxos, imaxes e palabras os  10 dereitos da infancia.

O grupo de 6º traballou facendo un mural que representa estos dereitos coa mensaxe: “TI TAMËN MERECES DISFRUTALOS”

Estes traballos foron feitos en equipo como unha actividade para concienciarnos do importane que é respectar a tod@s, sen importar o xénero, raza, relixión e nacionalidade. TODOS OS NENOS E NENAS TEMOS OS MESMOS DEREITOS E DEBEMOS CUMPLILOS.

Foi unha experiencia  moi positiva porque ademais de aprender cousas novas fixo que moitos dos nosos compañeiros e compañeiras que non tiñan moi boa realción entre eles, durante a realización dos proxectos esquecesen as súas diferencias.

IMG-20141120-WA0001[1] IMG-20141120-WA0002[1] IMG-20141120-WA0003[1] IMG-20141120-WA0007[1]