Facemos a compra?

Os máis pequen@s da escola non deixan de sorprendernos con todas as cousiñas que conseguen xa facer por eles memsos. E nesta ocasión demostráronolo indo ao supermercado a facer a compra. Para iso, primeiro fixeron cadansúa lista da compra, buscaron e recortaron os productos de catálogos, xogamos a ver quen era o que atopaga o logotipo de DIA na pizarra e, por último, buscaron polo super ata atopar todo. Xa na aula, coma recompensa paparon o seu leite con galletas e Colacao.