Día do libro 2016

Para conmemorar esta importante data, na escola realizamos varias actividades. Unha delas titulábase “A volta ao mundo en 9 libros” onde cada aula escolleu un libro, relato… de diferentes partes do mundo, e despois decorou unha caixa con motivos que recordaban ao mesmo.

Ademais, contamos coa colaboración das familias, que exerceron de contacontos e foron premiados con miles de aplausos!

E ademais, en 6º escribiron unhas redaccións onde explicaban de que maneira a lectura influira nas súas maneiras de ser. Non vos perdades o relato de Adán que tedes a continuación.

Cativa Rios de Slidely by Slidely Slideshow

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO A LECTURA,
TODO UN DESCUBRIMENTO!!
A miña historia, como comezar… pois polo momento máis importante: cando pasei de ver un fermoso cisne no libro de estudo do meu irmán a ver un dous. Foi precioso! Foi cando descubrín que xa era unha personiña mais que comprendía as cusas perfectamente.Pero isto non foi o mellor, o mellor foi cando fun á Lúa, si, non dixen mal, cando abrín un libro e este teletransportoume á Lúa, alí tamén 1xen o meu primeiro amigo, un pequeño selenita de oito anos. O caso é que a lectura 1xo en min o imposible e, esas “ondiñas” que non tiñan lóxica foron o meu terceiro pai. Mais non me pillou de sorpresa que esas “ondiñas”foran máxicas, xa que , de moi pequeño xa estaban na miña vidapero doutra maneira: xogando, cantando as palmas…Falando de maneiras, agora hai moitas. Agora algunhas familias xa non len contos, collen a tableta e póñenlle un vídeo de debuxos. Faranno, penso eu, porque non saben que non é o mesmo. O libro, fabrica o momento máxico de crear en ti unha voz que che conta a historia e así, non les, nin cho len, o libro lese so.Pero ainda así os libros non están extintos. Vivimos nunha época na que hai máis libros que graíños de area no mundoe, en todo este océano de escritos hai obras boísimas e malísimas, esa é a decisión do lector/a e se pescas o libro correcto non te separarás da lectura nunca máis.
Adán Martiño 6º