Rincón da Natureza

As nenas e nenos de primeiro reutilizaron e decoraron botellas de plástico convertíndoas en preciosas macetas. Despois, grazas á colaboración das súas familias, trouxeron cadansúa plantiña da que se están a facer cargo, fomentando así a súa autonomía e responsabilidade á hora de coidar dun ser vivo e por suposto, o respecto pola Natureza.

image image