Experimentando e investigando

Na clase de primeiro estivemos investigando curiosidades dos caracois: que comen, como nacen, esperanza de vida, como se desprazan, etc. Tamén experimentamos o forzudos que son e a súa gran capacidade de arrastre. Formulamos hipótesis ata dar coa maneira de conseguir que arrastrasen unha pataca. Todo iso coidando deles con cariño posto que ningún podía saír lesionado. Construimos carretas con materiais de refugallo e despois fixemos unha carreira na que resultou gañador “Turbo”.

image image image image image