Novas amizades pola rede

Queremos amosarvos a nova amizade que fixemos na clase de 3 anos a través da rede. Trátase duns amig@s de Oroso que están a facer un proxecto de arte e aos que quixemos amosar o noso cole tan “artístico”. Para iso, primeiro averiguamos onde estaba a súa localidade e fixemos a ruta dende Google Maps. Ademais escribimos nos mesmos as mensaxes que lle enviamos con fotos (feitas por eles mesmos) que descubrimos polo cole (todo que tivera relación co seu proxecto).
Ademais, comunicámonos por skype con eles (toda unha experiencia).
Aquí tedes as fotos. Que vos parece?? Este é o comezo dunha gran amizade