Novas de interese

ESCOLAS DE VERÁN 2017. Programa municipal de conciliación DO DEPARTAMENTO DE EDUCACION E CIDADANÍA
– PRAZOS DE INSCRICIÓN –
O Departamento de Educación e Cidadanía do concello de Santiago ten previsto a realización dun programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións  do verán 2017 (xuño-xullo e setembro). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP das Fontiñas e do CEIP Raíña Fabiola, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do  municipio de Santiago. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.

CARACTERÍSTICAS  DO PROGRAMA:
Destinatarios: nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria de Santiago. (ambos os dous inclusive).
Horarios e servizos que se ofrecerán aos usuario
Horario: de 7,45 h. ata as 16,00 h.
Servizos:

·         De  7,45 a 9 h.: Servizo de Madrugadores (aula matinal), con almorzo.

·         De 9 ás 14 h.: Obradoiros e Actividades.

·         De 14 ás 16,00 h.: Servizo de Comedor.

Datas de realización do programa:
Os usuarios poderán escoller as distintas modalidades establecidas en quendas ou por días soltos.

O programa desenvolverase durante o período de vacacións escolares de verán:

Mes de xuño: días 26, 27, 28, 29, e 30.

Mes de xullo (agás sábados, domingos e festivos).

Setembro: días 1, 4, 5, 6, 7 e 8.

As quendas son as seguintes:

1ª Do 26 de xuño ao 30 de xuño de 2017

2ª Do 3 ao 7 de xullo de 2017.

3ª Do 10 ao 14 de xullo de 2017

4ª Do 17 ao 21 de xullo de 2017.

5ª Días 24, 26, 27, 28 e 31 de xullo de 2017.

6º Días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro de 2017.

O programa inclúe a realización de actividades e obradoiros, ademais de poñer a disposición dos nenos e nenas participantes un servizo de madrugadores (con almorzo) e de comedor.

LUGAR DE EXECUCIÓN:
As actividades terán lugar en instalacións do CEIP As Fontiñas (Rúa Roma, nº 21) e no CEIP Raíña Fabiola (Rúa Entregaleras, 15).
OBXETIVOs

– Obxectivo xeral

Facilitar a conciliación da vida familiar e laboral ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa de lecer e tempo libre desenvolvendo valores de cooperación, respecto e tolerancia.
– Obxectivos especificos:

§         Promover actividades que favorezan a diversión creando un ambiente lúdico.

§         Desenvolver a autonomía persoal no día a día.

§         Dar a coñecer diferentes actividades lúdicas de lecer e tempo libre.

§         Promover actividades que favorezan o traballo en equipo e a creatividade.

§         Fomentar o compañeirismo e a tolerancia a través de actividades de traballo en equipo.

§         Potenciar actitudes de valoración e respecto cara o entorno físico e natural.

§         Dar a coñecer que é o medio ambiente, a natureza e a importancia que ten que todos debemos coidar dos mesmos.

§         Coñecer o entorno que nos rodea

TIPO DE ACTIVIDADES

Dentro do programa, incluiranse actividades LÚDICAS, DEPORTIVAS, XOGOS E OBRADOIROS.
MODALIDADES
§         Os solicitantes poderán escoller diferentes quendas ou días soltos.

§         Haberá un desconto do 20% para quen acredite ser familia monoparental, numerosa, nenos/as con discapacidade e cando participen dous irmáns no programa. O desconto aplicarase a todos os solicitantes que cumpran ese requisito; é dicir, se participan dous ou máis irmáns nesta oferta o desconto farase a todos os irmáns.

§         Así mesmo, contémplase un desconto do 50% ou do 100% para aquelas familias con escasos recursos; estes casos deberán contar obrigatoriamente con Informe previo do Departamento municipal de Servizos Sociais que ditaminará a porcentaxe do desconto (o 50 ou o 100%). O desconto correspondente aplicaráselle a cada solicitante, mesmo se son da mesma unidade familiar.

Os descontos non son acumulables.

INSCRICIÓN DOS USUARIOS NO PROGRAMA:

·          O prazo de inscrición realízase entre o 15 e o 29 de maio de 2017 (ambos os dous incluídos). Non obstante, mentres queden prazas dispoñibles poderanse tramitar as solicitudes de participación no programa.