Programación e robótica cos máis pequenos

Un día na clase de 3 anos apareceu Mac saíndo dun ovo ben grande. Atopamos a cáscara e puxémonos a buscar por clase qué animal ovíparo saíra e por fin atopamos un bebé dragón. A partir de aí, empezamos a coidalo coma noso. Puxémoslle nome votando diferentes opcións que eles ían aportando, curámolo cando se pon enfermo…e tamén lle ensinamos a andar. E aí comeza o noso proxecto de programación e robótica, onde Mac ten que avanzar as casillas correspondentes e todo según as ordes dos cativos. Proximamente incluso xirando.