Información de interese

Dende o Mupega fannos chegar a seguinte información para as familias:

 

Para celebrar o final clases organizamos o derradeiro Obradoiro deste curso. Nesta ocasión abordaremos o mundo da reciclaxe e crearemos un xoguete a partir de materiais de refugallo.

A actividade se realizará o 9 de Xuño, venresás 18h ata as 19.30h.

Gustaríanos recordar que a inscrición, polo feito de ser gratuíta, leva aparellado o compromiso de asistencia. Debido ás ausencias continuadas sen previo aviso dalgún dos asistentes a obradoiros anteriores, agradeceríamos un compromiso real de asistencia a estes, tendo en conta que o feito de non facelo, perxudica a outros nenos e nenas que si queiran asistir a este e non podan pola limitación de prazas. Por iso,no caso de non poder acudir unha vez inscritas/os, rogamos encarecidamente que se dea aviso coa suficiente antelación, por correo electrónico ou por teléfono, polo ben de
todas e todos.

Nº de prazas: 20

Forma de Inscrición: a través do correo electrónico co Nome, Apelidos e Idade da nena ou neno  a museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es

Data límite: Xoves 1 de Xuño ás 23.59h