Quilómetros de solidariedade

Co gallo do Día da Paz este ano celebraremos, entre outras actividades, a III MARCHA POLA PAZ. “QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE” polas rúas do barrio, en colaboración coa ONG de axuda á infancia Save The Children.

Ser un nen@ vítima dun conflito non significa ser únicamente alguén que tivo que abandonar o seu país a causa dunha guerra ou que vive baixo as bombas, significa que se lles arrebatou a infancia. A guerra pon patas arriba o mundo dos cativ@s. Todo o que lles representaba algún tipo de seguridade destrózase: a súa casa destruida, dificultades de acceso a auga potable e a alimentos básicos, imposibilidade de acudir á escola porque está pechada ou porque o camiño resulta perigoso… Aspectos coma estes fan que se vexan obrigad@s a fuxir para salvar a vida, no mellor dos casos na compaña dos seusfamiliares, e en ocasións sos, emprendendo unha viaxe incerta e chea de perigos ao longo da cal moitos convértense en vítimas da violencia máis extrema. @s menores refuxiados constitúen un dos colectivos máis vulnerables. Os máis afortunados chegan a lugares seguros, pero a vida alí tampouco resulta fácil. A escola convértese nun refuxio dentro do refuxio, un lugar onde poden recuperar a esperanza e, sobre todo, no que se pode recuperar a alegría. Comezan a ser nen@s de novo.

Participando nesta iniciativa estamos axudando a que na guerra de Siria, Save the Children atenda a nen@s desprazados e refuxiados nos denominados “Espazos seguros amigos da infancia”, tanto en Xordania, Líbano, Iraq e Exipto coma dentro da propia Siria. Nestes lugares  proporciónaselle apoio psicosocial e ofrécense actividades destinadas principalmente a que nen@s que presenciaran feitos traumáticos poidan superar a angustia e comezar a recuperar a súa infancia. Co noso esforzo e apoiotentaremos conseguir mudar a vida de nen@s sirios.

Pretendemos cooperar a través do deporte e co noso compromiso nesta acción solidaria.

Gustaríanos contar coa participación na Marcha/Carreira, ademais da dos rapaces e rapazas, coa de toda comunidade educativa: pais, nais, tíos, tías, avós, avoas…

O día de celebración será o 30 de xaneiro, con saída do Cruceiro de San Pedro ás 16:00 e chegada á porta do colexio. O percorrido ten un total de 1200 metros, e cada un decidirá como quere realizalo: correndo, trotando ouandando. @s  adult@s que non desexen facer a marcha poden colaborar como voluntari@s, xa que se precisan para velar pola seguridade d@s participantes. Tanto @s corredor@s, coma @s voluntari@s poden anotarse falando c@s titor@s respectiv@s ata o día 24 de xaneiro.

O itinerario é o seguinte: Cruceiro de San Pedro-Campo da Angustia-Carricova-Rúa do Medio-Travesa de San Pedro-Rúa de San Pedro-Cruceiro de San Pedro-Rúa dos Lagartos-Rúa da Trisca-Campo de Santo Antonio-Corredoira das Fraguas.

Esta actividade ten como obxectivo tamén recadar fondos para o proxecto anteriormente mencionado polo que cada participante pode doar a cantidade que considere oportuna. Os nenos e nenas entregarán a súa aportación aos titor@srespectiv@s e os adult@s que desexen contribuir poderánfacelo o día da proba introducindo a súa colaboración nas urnas que haberá nas líneas de saída e de meta. O importe recadado será entregado á ONG Save The Children.

Queremos agradecervos a vosa colaboración e informarvos de que para que este evento se desenvolvan un marco de seguridade contamos coa axuda da Policía Lacal e de Protección Civil, aos que expresamos a nosa gratitude.

Un saúdo​​​​. A dirección