Unha manteiga con ritmo

Os pequen@s de 3 anos fixeron un obradoiro de cociña ( dentro do seu proxecto A granxa) no que elaboraron manteiga a partir de nata e cun bote de cristal. Para conseguilo debían mover moito o bote para que se cortara a nata e despois poder degustala con mermelada e tostadas. E que mellor maneira de conseguir tanto movemento que cun pouco de batucada. Mesmo semella o entroido de Brasil no Alborada