Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar


Está aberto o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado que no vindeiro curso esté matriculado en E. Primaria.
-1º e 2º EP: axudas para adquirir libros de texto (os beneficiarios reciben un vale para mercar os libros).
-3º a 6º EP: fondo solidario libros de texto (préstamo de libros).
-Tódolos cursos EP: axudas para adquirir material escolar.
Formas de presentación: acceder á aplicación Fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
Unha vez cubertos os datos deberán gardarse, obtendo así un número de solicitude. Unha vez feito,  pódese optar por unha das 2 formas de presentación:
-No colexio: imprimindo a solicitude, o Anexo II e a documentación aportada.
-Presentación en Sede Electrónica da Xunta.
Tedes a Orde que regula a participación en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200519/AnuncioG0534-120520-0003_gl.html
IMPORTANTE: No Artigo 3.2: súmanse os recadros 435 e 460. Non o 432, como pon na Orde.

Un saúdo.