Search Results for:

Experimentamos!!!!!

As nenas e nenos de 1º fixeron varios experimentos con materiais moi económicos e doados de atopar: auga, ovos, sal, azucre, vinagre, aceite, la… Preparádevos porque van a repetilos na casa!

IMG-20150528-WA0002[1] IMG-20150528-WA0001[1] IMG-20150528-WA0000[1]

Museo das peregrinacións

Os rapaces e rapazas de 6º visitaron o Museo das Peregrinacións. Atenderon a varias explicacións, debuxaron planos… Un día completo.

IMG-20150526-WA0000[1] IMG-20150526-WA0004[1] IMG-20150528-WA0005[1] IMG-20150526-WA0006[1]

Xogando aos polícias!

O pai de Brais de 5 anos fíxonos unha visita para explicarnos en qué consiste o seu traballo. Pasámolo xenial poñendo en práctica todo o que aprendemos, sobre todo xogando coas esposas e dirixíndo o tráfico.

 

imageimageimage

image

Contacontos con algodón de azucre

Os pais de Saúl de 5 anos viñeron a contar un conto aos nenos da sua clase e coma colofón disfrutaron dun delicioso algodón de azucre que eles mesmos fixeron. As festas da Ascensión non tiveron nada que envexar a esta xornada.

image image

E seguimos gañando premios

Nesta ocasión tocoulle levar un premio a Marta Villaverde, de 5º curso, que resultou gañadora cun 1º premio dentro do concurso promovido pola Cope sobre o Medio Ambiente.

20150508_204751 20150508_210901 20150508_210928 20150508_211333

Así cosía, así, así…

En 3º, estiveron traballando un conto titulado “O gato de la”, e eles mesmos estiveron confeccionando ao personaxe protagonista con agulla, fío e bastante esforzo.

20150417_123046 20150417_123055 20150424_120909

Maquetas do Sistema Solar

O alumnado de 3º fixo unhas maquetas do Sistema Solar, e algúns deles estaban en formato mobil para colgar e decorar o noso colexio.

20150415_161901 20150415_161908 20150415_161919 20150424_120901

Xoguetes de sempre 2º parte

Os maiores de 6º deseñaron e elaboraron xogos de diferentes temáticas incluído dentro do proxecto xoguetes de sempre. E tampouco dudaron en probalos e desfrutalos.

 20150409_154154 20150409_154325 20150409_154424 20150409_154538 20150409_154555

Frases célebres dos nen@s de 3 anos

Estas son algunhas das anécdotas divertidas que  recopilamos ao longo do curso e que queríamos compartir convosco. A verdade, é que non temos tempo de aburrirme!

CAROLINA F: (29/10)
(Ten que facer a letra A con lápiz, pero non carga nada. Insístolle en que cargue máis)
     _ JOooooooo, es que se me acabó la batería.
CAROLINA R: (9/11)
(Falando do outono e dos productos típicos pregunto para qué serven as piñas)
    – Yo lo seeeeeee!!! Para ponérselas a las bicis
 (intuio que se refería aos piñóns. jajajajajja)
DANIELA (12/11)
(obradoiro de cociña. Temos que dividir unha tableta de chocolate entre toda a clase. Pregúntolles cómo podemos facer. Despois de varias propostas dime Daniela: Pues lo derretimos!
CAROLINA R: (21/11)
(Despois de varios días traballando as esculturas na clase, o día do magosto, no medio do campo vemos un poste da luz).
Carolina R.: Mira Esti, que escultura!!!!!
CAROLINA R: (9/1)
(Facendo un traballo sobre sílabas pregúntolle a cada un cantas sílabas ten o seu nome).
ESTI: Carolina, cantas pegatinas necesitas para as sílabas do teu nome.
(Queda calada e concentrada contando dime: 6)
ESTI: 6??????? Nooooooooooooooonnnn.
CAROLINA R: Si, profe, mira: CA-RO-LI-NA-E-RRE
ÁLVARO: 13/1
Un neno queda durmido na clase e deitoo na alfombra. Cando é hora de marchar intento que desperte chamándoo pero está descansando profundamente. Entón ven Álvaro onda min e dime:
ÁLVARO: Nada Esti, vamos para casa que está morto!
VERÓNICA:(12/2)
Hoxe non quero poñer o mandilón que quero ensinar cacha.
CAROLINA R: (3/3)
Estamos comparando pesos cunha báscula e poño dun lado 2 mazás e bromeo:
ESTI: Qué pasaría se me meto eu neste lado?
CAROLINA: Pues que tu hijo se queda sin madre.
JOEL: (27/3)
Vendo sinais de tráfico amósolles varias e pregúntolles qué cren que significa. Qué significa esta?)
)
JOEL:  Cuidado con la aspiradora!