Search Results for:

Aprendendo edición de vídeo

En 5º de Ed. Primaria estiveron a traballar na edición de vídeo, onde plasmaron o aprendido despois dun traballo de investigación.

Pintando a primavera

Aproveitan os fermosos parques próximos a escola, en 3º animáronse a debuxar as paisaxes xa en flor.

Ciencia con Lego

En 4º de EP traballaron as fontes de enerxía construíndo muíños de vento con pezas de LEGO.

Esculturas

Esculturas do alumnado de terceiro en Arts, inspirándose na obra de Niki de Saint Phalle.

Prensa- escola

Obradoiro de prensa con Jorge Noya, xornalista de La Voz de Galicia.Programa prensa- escola

FAMILIAS NA ESCOLA

Esta semana contamos con diferentes talleres de familiares do alumnado de 6º. Antón, xornalista do diario NÓS, falounos da “información que non se ve”, da manipulación da información e das fake news no obradoiro de prensa.
Por outra parte, Mar dounos unha interesante charla sobre igualdade.
Foi un pracer telos connosco. Grazas.

8M: PORTAS HOMENAXE

8M: PORTAS HOMENAXE A MULLERES QUE FIXERON HISTORIA EN DIFERENTES ÁMBITOS. Cada clase coñeceu a historia dunha delas e decoraron a porta da súa aula con mulleres históricas: activistas, primeira astronauta, deportistas, artista da primeira obra abstracta, músicas, escaladoras, primeira programadora…

🇮🇳 no noso comedor

Hoxe foi día de comida India no comedor da escola. Caseira, caseira.