Search Results for:

Ciencia con Lego

En 4º de EP traballaron as fontes de enerxía construíndo muíños de vento con pezas de LEGO.

Esculturas

Esculturas do alumnado de terceiro en Arts, inspirándose na obra de Niki de Saint Phalle.

Prensa- escola

Obradoiro de prensa con Jorge Noya, xornalista de La Voz de Galicia.Programa prensa- escola

FAMILIAS NA ESCOLA

Esta semana contamos con diferentes talleres de familiares do alumnado de 6º. Antón, xornalista do diario NÓS, falounos da “información que non se ve”, da manipulación da información e das fake news no obradoiro de prensa.
Por outra parte, Mar dounos unha interesante charla sobre igualdade.
Foi un pracer telos connosco. Grazas.

8M: PORTAS HOMENAXE

8M: PORTAS HOMENAXE A MULLERES QUE FIXERON HISTORIA EN DIFERENTES ÁMBITOS. Cada clase coñeceu a historia dunha delas e decoraron a porta da súa aula con mulleres históricas: activistas, primeira astronauta, deportistas, artista da primeira obra abstracta, músicas, escaladoras, primeira programadora…

🇮🇳 no noso comedor

Hoxe foi día de comida India no comedor da escola. Caseira, caseira.

Saída musical 8M

Hoxe 3ºde EP participiou nunha actividade musical organizada por Esther Sobral sobre o 8 de marzo.

Cociñar e aprender

OBRADOIRO DE COCIÑA EN INFANTIL. Xs máis cativxs da escola fixeron un obradoiro con revolto de champiñóns e ovos de oca, galiña e codorniz. Ademais, non perderon a posibilidade de traballar e aprender cos mesmos: estimacións, pesos con balanza, cantidades, gráficas de a cantos lles gustou e a cantos non…Cociñando tamén se aprende!