Posts Tagged ‘5º Primaria’

postheadericon Chamada a Suiza

As nenas e nenos de 5° estiveron falando por videoconferencia con Jose, o pai de Alejo, que nos estivo contando cousas sobre o seu traballo en Suiza.

postheadericon Canto aprendemos!

Os alumn@s de 5° visitaron a exposición do Mestre Mateo. Construíron “O Pórtico da Gloria” e de volta á escola visitaron o Panteón de Galegas e Galegos Ilustres.

postheadericon Loitando xuntos!

O 15 de febreiro é o día internacional do cancro infantil e quixemos mandarlles moitas forzas a través de debuxos e mensaxes de apoio.

postheadericon Un gran espectáculo!

As rapazas e rapaces de 5° e 6° de educación primaria foron ao Auditorio de Galicia para participar no gran espectáculo de comedia xestual, clown e virtuosismo musical que ofreceu o Concerto Singular de Píscore xunto coa Banda Municipal de Música de Santiago. Pasárono xenial.

Read the rest of this entry »

postheadericon Obradoiro de Astronomía

As nenas e nenos de 5° participaron nun obradoiro de Astronomía con Josefina Ling Ling astrónoma do observatorio Ramón Aller de Santiago.

Ademáis, como os alumn@s de 4 anos están traballando o espazo estivo conversando con eles sobre as estrelas.

postheadericon Murais pola Paz

Para conmemorar o Día da Paz os alumn@s do cole fixeron diferentes murais e poesías, quedaron todos chulísimos!

postheadericon O Sistema Solar

As alumnas e alumnos de quinto están dándolle os últimos retoques os planetas para montar o Sistema Solar.

postheadericon Pequenos proxectos

Os alumn@s de 5° empezan a preparar elementos do mobiliario urbán para o Proxecto da Semana Cultural.

postheadericon Recollida de aceite

Os alumn@s de 4° e 5° recibiron unha charla previa sobre a campaña de recollida de aceite usado na que imos a participar todo o cole, promovida polo Concello.

A campaña vai dirixida a concienciar sobre a nacesidade de utilizar unha canle segura para o verquido do aceite usado e o seu posterior reciclado protexendo así o medio ambiente.

Na entrada do colexio hai un contenedor onde se poderá recoller o aceite. A campaña durará un mes.

postheadericon Saída

Visita dos rapaces de 5º e 6º o MNCYT de Coruña, a La Voz de Galicia e ao monte de San Pedro para observar una panorámica da cidade de A Coruña.

Categorías

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies