Posts Tagged ‘Infantil’

postheadericon Movémonos pola rúa

Esta mañá a Policía Local ven a explicarnos moitísimas cousas para que sexamos mellores peóns. E logo recreamos unha rúa con bicicletas e semáforos. Foi divertidísimo e aprendemos un montón de cousas.

postheadericon Xogando coas Tics

E seguimos creando… aproveitando que os cativos e as cativas de 3 anos están traballando as vacas, crearon cadansúa en realidade aumentada.

  

postheadericon Observadores do espazo

As nenas e nenos de catro anos están mergullados de cheo no proxecto do espazo. Hoxe a lúa está en cuarto crecente, o momento idóneo para observala, e así o fixeron dende o Observatorio Astronómico Ramón Aller. Foi unha experiencia fascinante.

postheadericon Loitando xuntos!

O 15 de febreiro é o día internacional do cancro infantil e quixemos mandarlles moitas forzas a través de debuxos e mensaxes de apoio.

postheadericon Temos un novo compañeiro

Presentámosvos a Lolo o novo amigo da clase de tres anos que estivo presente no noso taller de Robótica…”Adiante Lolo”

 

 

postheadericon Obradoiro de Astronomía

As nenas e nenos de 5° participaron nun obradoiro de Astronomía con Josefina Ling Ling astrónoma do observatorio Ramón Aller de Santiago.

Ademáis, como os alumn@s de 4 anos están traballando o espazo estivo conversando con eles sobre as estrelas.

postheadericon Achégase o entroido!

Coa chegada do Entroido as nenas e nenos de 3 e 4 anos estiveron facendo filloas…que ben ulían!

postheadericon A cidade está en boas mans

As pequenas e pequenos de tres anos fixeron os seus disfraces de superheroes en colaboración coa teacher… e recorreron a cidade facendo boas accións!

postheadericon Murais pola Paz

Para conmemorar o Día da Paz os alumn@s do cole fixeron diferentes murais e poesías, quedaron todos chulísimos!

postheadericon Experimentando

Coa chegada do frío as nenas e nenos de tres anos estiveron experimentando e fixeron neve!

Categorías

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies