Posts Tagged ‘premios’

postheadericon Premio aceite!

Grazas á colaboración de todos vos acadamos o segundo premio no concurso de recollida de aceite. E esto ten moito mérito posto que somos un colexio de unha soa liña, e competíamos con outros moi numerosos.GRAZAS!!!Un auténtico logro!

postheadericon E seguimos gañando premios!!!!

Diego rey (6º Ed. Primaria), Martín Muíño e Sheila Esturao (ambos de 5º de Primaria) resultaron gañadores do Programa Didáctico Musical “Unha viaxe a tempo” organizado polo Conservatorio histórico de Santiago nos coles de Compostela e comarca. Parabéns artistas!

IMG-20160616-WA0010

IMG-20160616-WA0002 IMG-20160616-WA0003 IMG-20160616-WA0004 IMG-20160616-WA0005 IMG-20160616-WA0007 IMG-20160616-WA0008

postheadericon Premio para Mariam

Este sábado, en Área Central, tivo lugar a entrega de premios do II concurso Infantil de Debuxo sobre ecoloxía organizado pola Cadena Cope de Santiago. Estivo amenizado polo mago Martín que fixo as delicias dos críos.

Mariam, alumna de 1º , resultou unha das doce gañadoras dun total de case 900 participantes de dez centros escolares de Santiago. Noraboa a tod@s, e en especial para ti Mariam!

43fd4e5c-5da8-449d-ab69-1695f6abe563 (1) e413ba44-edf0-4b3c-9024-b14a06103be9 IMG-1463164274971-V

postheadericon Gañadores…outra vez

Por segundo ano consecutivo (e van dous de dous) unha alumna da aula dos máis cativos resultou  unha das gañadoras do concurso Unha xoia para a tua nai, onde os nenos e nenas facían un debuxo que logo se convertiría nunha xoia. Este ano foron presentados case 8.700! Noraboa Antía! Es unha verdadeira diseñadora!

20160429_180442 20160429_180955 FB_IMG_1462016929798

postheadericon Poesía gañadora

Como xa vos informábamos nunha entrada anterior, con motivo do certame de poesía no que participaron varias clases do centro, resultou gañadora Sara Porto, de 6º, cunha poesía que non ten nada que envexar á de calquera literato. PARABÉNS SARA!

O GALEGO

Unha noite unha vella palabra,

por Galicia voaba sen fin;

arroupada por voces extrañas

que só o corazón podía ouvir.

Un doce nome recheo

de dez mil palabras e máis,

que voaba sen rumbo no ceo

con medo a non volver xamáis.

Máis nas bocas de todos estaban,

as palabras do fermoso galego,

o idioma que en Galicia cantaban

persoas, mares e penedos.

postheadericon E seguimos gañando premios

Nesta ocasión tocoulle levar un premio a Marta Villaverde, de 5º curso, que resultou gañadora cun 1º premio dentro do concurso promovido pola Cope sobre o Medio Ambiente.

20150508_204751 20150508_210901 20150508_210928 20150508_211333

postheadericon A nosa gañadora!!!!

Temos o orgullo de contarvos que unha das nosas alumnas, Andrea Furelos da aula de 3 anos, resultou gañadora na súa categoría do concurso “Deseña unha xoia para a tua nai”, ao que se presentaron máis de 8.000 debuxos de toda Galicia. Ademais, entre os 80 finalistas,  atopábase Daniela Castro, tamén alumna de 3 anos. Aquí podedes ver os deseños finalistas, e a xoia final da nosa artista!

IMG-20150424-WA0006-1[1] FB_IMG_1429189603548[1] FB_IMG_1429189611795[1] FB_IMG_1429912116860[1] 20150424_180902[1]

Categorías

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies