Posts Tagged ‘Visita’

postheadericon Visita olímpica

O xoves 10 de novembro visitaranos a iudoca María Bernabéu, actual subcampeona do mundo, diploma olímpico nos xogos de Río de Janeiro celebrados o pasado verán e sétima clasificada nos campionatos europeos acontecidos no ano 2016.

Realizará unha exhibición coa axuda dos integrantes do clube de iudo do colexio e contaranos a súa experiencia na olimpiada e nos campionatos mundiais europeos nos que participou.

Estamos de noraboa!

image image image

postheadericon Educación viaria

Os alumn@s de cuarto recibiron unha charla sobre educación viaria e despois desprazáronse ata a comisaría de policía onde puideron ver as distintas dependencias.

image image image image image image

 

postheadericon Visita de Teresa Moure

Tivemos o privilexio de contar coa visita de Teresa Moure, escritora galega, que nos falou, entre outras cousas, das linguas como transmisoras de pensamentos, ideas, sentimentos…

20150608_123216 20150608_123252 20150608_123301

postheadericon Clases de iudo

A semana pasada nas clases de Educación Física estivo con nós o profe de iudo ensinándonos o atractivo que é este deporte. Pasámolo xenial e aprendemos moitas técnicas interesantes. Grazas Muiños!

image image image image

postheadericon Actividades de aula e visitas na Semana Cultural 2015

Ao longo das últimas semanas estivemos traballando en tódalas aulas e en tódalas materias o tema dos medios de comunicación. Así, elaboraronse programas de radio con seccións variadas (entrevistas, cuñas publicitarias, contos…), tivemos visitas de xente que traballa tanto na prensa escrita coma na televisión, preparamos cartas para enviar por correo ordinario… E algunhas pequenas mostras están na seguinte galería.

postheadericon Somos axentes correntes

Estiveron de visita no noso centro uns “axentes correntes” que nos ensinaron moitas cousas sobre educación vial. Mediante  o conto do Galo Mirindolo e de animadas cancións aprendemos todo o necesario para comprender mellor os sinais que nos rodean.

20150429_101246
20150429_10142820150429_102450

postheadericon Visita de Raquel Queizás

Os neno@s de 3º, 4º, 5º e 6º disfrutamos coas lendas da contacontos Raquel Queizás. Agora xa sabemos porque os tigres teñen raias ou como desfacerse dun león sendo un coelliño.

IMG-20150301-WA0019[1] IMG-20150301-WA0020[1]

postheadericon Visita Paula Carballeira

Contamos na escola ca visita de Paula Carballeira, que falou para nós dende a súa faceta de escritora, en concreto do seu libro “Casas”, o cal xira en torno ao concepto de fogar botando man de relatos e poemas. Pasamos una estupenda mañán escoitando moi atentos todo o que nos contaba.

20140226_123906 20140226_123958 20140226_132454 20140226_133201

 

postheadericon Visita o noso cole…

…o escritor David Fernández Sifres, autor dalgunhas obras coma “Un intruso en mi cuaderno” ou “¡ Que vienen los marcianos”, libros que os/as alumnos/as de 3º e 5º están a ler na aula. Grazas pola túa visita e por facernos tan amena a túa charla.

P1060981 P1060969 P1060967

Categorías

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies