🚲 Un venres sobre rodas!

Este venres máis de 450 nenas e nenos participaron nunha emocionante Marcha Ciclista polas rúas de Santiago, organizada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local, entre os que se atopaban o noso alumnado de 5º e 6º de EP.O percorrido, de case 9 quilómetros, incluíu unha parada moi especial na Praza do Obradoiro, onde foron recibidos pola alcaldesa Goretti Sanmartín.