Coleccion 2026-27

Arrancamos este novo ano escolar conectando coa nosa PDI de centro, “Enfiando”, ambientada no fascinante mundo do textil.

​Para a nosa actividade de benvida, cada alumno e alumna converteuse en deseñador/a. A partir de diferentes retallos dispostos nun gran mural, debuxáronse a si mesmos completando os tecidos para crear unha gran obra colectiva.