Coñécenos
- Inicio /
- Coñécenos
COLEXIO PLURILINGUE VILAS ALBORADA
Ven e coñece o
Colexio Plurilingüe Vilas Alborada
Convidámoste a coñecer o noso espazo, onde a educación e o afecto se unen para crear un ambiente único de aprendizaxe. Esperámosche con ilusión para que coñezas todos os nosos proxectos.

COLEXIO PLURILINGUE VILAS ALBORADA
O noso proxecto educativo
Fundado en 1955 como un proxecto familiar, o Colexio Plurilingüe Vilas Alborada destaca polo seu carácter próximo e pola súa localización no barrio de San Pedro, no corazón de Santiago de Compostela. Somos un centro comprometido coa formación integral das persoas, tanto no ámbito cognitivo coma no afectivo.
No CPR Vilas Alborada valoramos a singularidade de cada estudante, fomentando unha educación baseada no respecto, a colaboración e a tolerancia. Apostamos por unha escola inclusiva e aberta á comunidade. Por iso, integramos a contorna de Santiago de Compostela, que é parte activa do noso proxecto educativo.
Ensinamos a pensar de forma crítica, a investigar con curiosidade, a dialogar con respecto e a expresar as emocións e opinións dun xeito saudable e construtivo. Apostamos por unha educación en Galicia e en galego, onde as artes e a vivencia do contexto cultural e histórico de Santiago de Compostela son piares que nos diferencian. Colaboramos coas familias para formar ás persoas dun futuro mellor.

Para nós, é fundamental que o noso alumnado se sinta seguro e querido. Por iso, promovemos un ambiente afectivo, cercano e comprensivo, onde o coñecemento e o cumprimento das normas se combinen co traballo creativo e co desenvolvemento da sensibilidade artística.
No Colexio Vilas Alborada, apostamos por unha educación pluralista, que respecte os diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe.
Queremos ser un centro aberto, vivo e dinámico, integrado na vida da nosa contorna e comprometido co medio natural e co patrimonio cultural.
Buscamos fomentar a curiosidade, a crítica e a responsabilidade nos nosos estudantes, así como promover o esforzo individual e colectivo. Ademais, apostamos pola inclusión, o respecto ás diferencias persoais e culturais, e a coeducación como bases da nosa convivencia e crecemento persoal.

No Colexio Vilas Alborada, traballamos para formar persoas sociais, comunicativas, dialogantes e críticas. Queremos que os nosos alumnos sexan capaces de recoñecer as súas emocións, de ser libres e responsables, e de afrontar os retos que lles presente a vida con creatividade e coñecemento.
Aquí, o noso obxectivo é que o camiño compartido no noso centro se convirta nun recordo feliz, nunha etapa de aprendizaxe e crecemento persoal inesquecible para todos os que formamos parte desta gran familia.
COLEXIO PLURILINGUE VILAS ALBORADA
Horario e calendario escolar
A nosa actividade desenvólvese en xornada partida:
• Mañás de 10 a 13
•Tardes 15 a 17
NOTA: Durante os meses de setembro e xuño o horario será de 9 ás 14.