Coro escolar

Este fin de semana o noso coro escolar participou en Mariñaencanto, un encontro coral que reuniu centos de nenos e nenas nun gran concerto conxunto en Burela.
Unha experiencia inesquecible chea de música, convivencia e emocións compartidas. Noraboa ao alumnado participante polo seu gran traballo enriba do escenario! 🎼👏