Decoración A escena!

O luns comezamos a XL Semana Cultural “A escena”!

O noso alumnado xa está a desfrutar das diferentes exposicións e propostas preparadas para estes días. E, por suposto, estades todos convidados e convidadas a visitar a decoración interactiva deste ano.

Agardámosvos para vivir xuntos unha semana chea de arte, creatividade e emocións! 🎬🎨