Deseña unha xoia

O noso alumnado participou no concurso “Deseña unha xoia para a túa nai”, organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, e os resultados non puideron ser mellores: Ximena e Salva resultaron gañadores nas súas categorías entre máis de 10.000 deseños presentados.

Tamén queremos felicitar a Ainhoa, Lía V., Martín G. e Ruby, que foron finalistas.