Día da paz

Para celebrar o Día da Paz, cada clase reinterpretou e presentou ao resto do colexio diferentes monumentos e esculturas con mensaxes contra a violencia, como o Muro de Berlín, o Obelisco, a Campá da Paz, a Broken Chair ou os Zapatos de Budapest, entre outros.

Ademais, celebramos unha Asemblea da Paz, un espazo de diálogo no que o alumnado compartiu reflexións e propuxo solucións a conflitos e situacións do día a día, co obxectivo de seguir mellorando a convivencia no noso centro.