Escultura con barro

O alumnado de 6º de Primaria participou nun obradoiro de escultura con barro da man de Óscar Aldonza, pai dunha alumna do curso e profesor na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo.

Unha experiencia moi especial na que experimentaron co volume e as formas, acadando resultados sorprendentes. Moitas grazas. Un luxo contar con este tipo de experiencias na escola!