“Ficcións especulativas”

O alumnado de 4º de Primaria visitou a exposición “Ficcións especulativas” no histórico Pazo de Fonseca, onde puideron explorar como a arte contemporánea, a imaxinación e a ciencia ficción se combinan para crear visións sobre futuros posibles e formas novas de ver o mundo.
Queremos agradecer especialmente a Federico, pai dunha alumna do centro, por convidarnos e guiarnos nesta visita.