Galego latexa

SONIDO ON!!!!!🔊🔊

No Vilas Alborada celebramos o día da nosa lingua. 💙

A través dunha chuvia de ideas, reflexionamos sobre a importancia de falar galego, coidalo e facelo vivir no día a día, tamén nas redes e na nosa contorna.

E así naceu “Galego Latexa”, unha canción creada a partir das ideas e sentimentos do noso alumnado.

📻 E moi atentos a mañá! Na Radio Alborada compartiremos uns programas moi especiais sobre o galego e as Letras Galegas. Non volos perdades!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

✨ Se o falas, vive. Se o cantas, medra. ✨