Irlanda na escola

Recibimos a visita dunha familia que nos achegou á cultura de Irlanda, falándonos das súas costumes, gastronomía, música, instrumentos tradicionais e mesmo do idioma. Unha viaxe moi enriquecedora sen saír da aula.

Ademais, no comedor escolar tamén desfrutamos dun menú típico irlandés, completando así a experiencia cultural a través dos sentidos. 🍀🎶🍽️