Magosto 2025

Aínda que o tempo non nos permitiu celebralo no Pedroso, gozamos igualmente dun día especial no colexio. Compartimos unha chocolatada para todos e todas, xogamos a xogos tradicionais, cantamos e celebramos esta festa tan nosa que tanto nos gusta. Un Magosto diferente, pero igual de bonito!