Novas de interese

 Achegamos a posta en marcha do proxecto EDUTECA, unha iniciativa piloto impulsada pola Concellería de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago.

Trátase dun programa que combina conciliación familiar e apoio escolar para alumnado de educación primaria, con especial atención a familias en situación de vulnerabilidade. A actividade desenvolverase entre outubro de 2025 e xuño de 2026 no Centro Sociocultural da Trisca.

As solicitudes poderán enviarse do 23 ao 26 de setembro (ambos incluídos) ao correo: migracions@santiagodecompostela.gal.