Novas de interese

Con motivo do Día das Letras Galegas, convídase ao alumnado a participar na XII Carreira Camiño das Letras, que terá lugar o 17 de maio de 2026 na Cidade da Cultura.

Trátase dunha actividade gratuíta que combina deporte, lectura e convivencia, con probas adaptadas para nenos e nenas de diferentes idades (sub 6 a sub 16).

Todos os participantes recibirán medalla, libro e diploma, nunha xornada festiva pensada para gozar e celebrar a nosa lingua e cultura.

👉 Inscricións en: www.carreirasgalegas.com