Obradoiros Semana Cultural

Ao longo desta semana, o alumnado participou en múltiples actividades para seguir afondando no marabilloso mundo da ciencia: cianotipia, creación de robotrastos, deseño de pegatinas, fotografía,xogos científicos, estampación e mesmo experimentos de cociña!

🍳🧪Como colofón, gozamos dun planetario instalado no patio, que nos ofreceu unha experiencia inmersiva espectacular, viaxando polo espazo sen saír da escola 🚀🌌