Pensamento científico en acción

Na aula de 5 anos puxeron en marcha o pensamento científico formulando hipóteses sobre canto tardarían en derreterse catro cubos de xeo con diferentes materiais: sal, area, azucre… ou sen nada. Observaron, mediron con reloxos de area e representaron os resultados como auténticos investigadores.

Mentres, en Primaria enfrontáronse a un reto: coller a auga sen derramar nin unha gota. E ti, conseguiríalo? Pregúntadelle a eles como o fixeron… 😉💧