Rebumbio matemático

Hoxe Antía, Bruno e Carmen C. representaron ao noso centro no concurso ‘Rebumbio matemático’, onde demostraron as súas habilidades de traballo en equipo no apaixonante mundo das matemáticas. Agora toca agardar polos resultados para saber se se clasifican para a seguinte fase. Moita sorte!