Sargadelos en Infantil

Na aula de 5 anos achegáronse ao mundo de Sargadelos a través dun pequeno proxecto guiado por Mar, que está a realizar parte da súa formación no centro. O alumnado coñeceu algunhas das súas formas e motivos característicos e experimentou coa súa propia creatividade inspirándose neste referente da cultura galega.