Servizos
- Inicio /
- Servizos
COLEXIO PLURILINGUE VILAS ALBORADA
- Comedor
O noso comedor escolar dispón de cociña propia, onde apostamos pola calidade e por produtos de próximidade. Traballamos coa frescura dos alimentos de cercanía, garantindo así unha alimentación equilibrada e fresca.
Ademais, ofrecemos un menú internacional unha vez ao mes, para que o noso alumnado poida descubrir e desfrutar de sabores de todo o mundo. Unha vez á semana tamén contamos cun menú verde, no que priman os alimentos vexetais e as opcións máis saudables.
No Colexio Vilas Alborada, coidamos das necesidades específicas de cada persoa. Por iso, temos en conta as alerxias alimentarias, as dietas especiais e ofrecemos menús adaptados para garantir unha alimentación segura e adaptada á individualidade.
COLEXIO PLURILINGUE VILAS ALBORADA
- Horario ampliado
No Colexio Vilas Alborada preocupámonos polo benestar e a comodidade das nosas familias. Por iso, ofrecemos os seguintes servizos:
– Servizo de madrugadores: dende as 07:45 da mañá, contamos cun servizo de atención previo ao horario escolar.
– Servizo de conciliación: ademais, para axudar na organización da vida laboral e familiar, ofrecemos un servizo de conciliación en horario de 17 a 18 horas.
COLEXIO PLURILINGUE VILAS ALBORADA
- Actividades extraescolares
No Colexio Vilas Alborada propoñemos unha ampla variedade de actividades extraescolares para que o noso alumnado poida complementar a súa formación e desenvolver as súas habilidades e intereses:
Xestionadas pola ANPA:
– Iudo
– Ximnasia Rítmica
– Inglés
– Baile Urbano
– Expresión Artística
Ofertadas polo Centro:
– Baloncesto
– Fútbol Sala
– Xadrez