“Son Salvaxe!”

O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu ao espectáculo “Son Salvaxe!” no Auditorio de Galicia. Nesta proposta musical e teatral coñeceron a historia de Mona, unha nena criada na selva por un gorila, unha aventura chea de emoción que invita a reflexionar sobre a relación co planeta e a importancia de coidar a natureza.