Últimas propostas

Últimas propostas creativas que están a agromar nas aulas nestes días finais de curso:🔹 O grupo de 6º realizou a súa propia interpretación da Gioconda de Leonardo da Vinci, tras estudar os movementos artísticos de finais do século XIX e XX.🔹 Os cativ@s de 5 anos prepararon unha emotiva maleta-lapbook con desexos, inquedanzas e ilusións para a nova etapa que comezan en Primaria.🔹 Tamén desde 6º, puxeron en marcha unha campaña polo medio ambiente, ensinando ao alumnado de 3º a facer origami con papel reciclado. Un éxito rotundo!