Uso consciente da tecnoloxía

O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu á actividade itinerante do INCIBE, onde puideron aprender sobre ciberseguridade a través de xogos, explicacións e diferentes propostas interactivas. Foi unha experiencia moi enriquecedora para tomar conciencia sobre o uso seguro da tecnoloxía.