Visita á residencia de maiores

O alumnado de relixión tiña moitas ganas de volver visitar a Residencia de maiores Porta do Camiño, esta vez para recitarlles poemas, chistes e adiviñas polo Día da Paz.
Tamén intercambiaron agasallos artesanais de manualidades e debuxos e ata se animaron eles tamén a contar as súas adiviñas e chistes.