Xornada cos bombeiros

Todo o alumnado de Primaria participou na Semana da Prevención de Incendios, celebrada na Alameda de Santiago. Da man dos bombeiros e coa colaboración da Policía Nacional, descubriron como identificar situacións de risco e como actuar ante unha emerxencia. Tamén puideron coñecer de preto vehículos, equipamentos e participar en actividades prácticas relacionadas coa prevención e a seguridade.