Xogando coas Tics

E seguimos creando… aproveitando que os cativos e as cativas de 3 anos están traballando as vacas, crearon cadansúa en realidade aumentada.   

Read more →

A nosa Rosalía

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro e no colexio estivemos recordando a súa vida e algúns dos seus poemas.

Read more →

Pasapalabra

As nenas e nenos de segundo están traballando o tema dos animais. E para por a proba os seus coñecementos fixeron un divertido pasapalabra.

Read more →

Canto aprendemos!

Os alumn@s de 5° visitaron a exposición do Mestre Mateo. Construíron “O Pórtico da Gloria” e de volta á escola visitaron o Panteón de Galegas e Galegos Ilustres.

Read more →

Observadores do espazo

As nenas e nenos de catro anos están mergullados de cheo no proxecto do espazo. Hoxe a lúa está en cuarto crecente, o momento idóneo para observala, e así o fixeron dende o Observatorio Astronómico Ramón Aller. Foi unha experiencia […]

Read more →

Loitando xuntos!

O 15 de febreiro é o día internacional do cancro infantil e quixemos mandarlles moitas forzas a través de debuxos e mensaxes de apoio.

Read more →

Un gran espectáculo!

As rapazas e rapaces de 5° e 6° de educación primaria foron ao Auditorio de Galicia para participar no gran espectáculo de comedia xestual, clown e virtuosismo musical que ofreceu o Concerto Singular de Píscore xunto coa Banda Municipal de […]

Read more →

Obradoiro de Astronomía

As nenas e nenos de 5° participaron nun obradoiro de Astronomía con Josefina Ling Ling astrónoma do observatorio Ramón Aller de Santiago. Ademáis, como os alumn@s de 4 anos están traballando o espazo estivo conversando con eles sobre as estrelas.

Read more →